Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1318

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011 pola que se nomea profesorado dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 5 de setembro de 2011 (BOE do 26 de setembro), e presentada polos interesados a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 87 dos estatutos desta universidade e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polos interesados, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición conforme ao previsto nos artigos 116 e 117 da LRJ-PAC.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

N.º

concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2275/11

Montserrat

López Díaz

33857476G

Catedrático de universidade

Filoloxía Francesa

Filoloxía Francesa e Italiana

Santiago de Compostela

A00530

2282/11

Concepción Virtudes

Cabrillana Leal

30475915H

Catedrático de universidade

Filoloxía Latina

Latín e Grego

Lugo

A00537

2283/11

María Soledad

Pérez-Abadín Barro

33849810C

Catedrático de universidade

Literatura Española

Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral

Santiago de Compostela

A00538

2285/11

María Elvira

Ares Mazas

32421105Y

Catedrático de universidade

Parasitoloxía

Microbioloxía e Parasitoloxía

Santiago de Compostela

A00540

2287/11

Santiago

Pereira Lorenzo

36055842F

Catedrático de universidade

Produción Vexetal

Produción Vexetal

Lugo

A00542

2295/11

Jannette

Rodríguez Pallares

76817639P

Profesor titular de universidade

Anatomía e Embrioloxía Humana

Ciencias Morfolóxicas

Santiago de Compostela

C01712

2301/11

Nieves

Barros Pena

32781367L

Profesor titular de universidade

Física Aplicada

Física Aplicada

Lugo

C01719

2305/11

Jaime Mauro

Redondo Lago

32772883E

Profesor titular de universidade

Psicoloxía Básica

Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía

Santiago de Compostela

C01723

2307/11

Carlos

Vázquez Vázquez

32788072P

Profesor titular de universidade

Química Física

Química Física

Santiago de Compostela

C01725