Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, aos cales non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións o interesado poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que de non ser iniciado este en tempo e forma deberán aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 13 de decembro de 2011.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expt.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Lorena González Blanco

34267666-N

LU-E 174/11

23.o) en relación con el 26.e) LO 1/1992

R/ Duquesa de Alba n.º 57-59, Monforte de Lemos

Multa de 1.800 €

Lorena González Blanco

34267666-N

LU-E 175/11

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

R/ Duquesa de Alba n.º 57-59, Monforte de Lemos

Multa de 2.100 €

María Ángeles de la Fuente Iglesias

33271714

LU-E 194/11

26.e) LO 1/1992

R/ Do Porto n.º 17-2.º C, Foz

Multa de 150 €

Cervecería Maima, S.L.

B-27323963

LU-E 241/11

26.e) LO 1/1992

R/ Almirante Chicarro n.º 2-ático, Viveiro

Multa de 300 €

Eurice Rodríguez Pereyra

4154236

LU-E 251/11

26.e) LO 1/1992

R/ Inés de Castro 17, baixo, Monforte de Lemos

Multa de 90 €

Héctor & Héctor

J-27418201

LU-E 286/11

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

R/ Calzada da Ponte n.º 88, Lugo

Multa de 310 €

Eurice Rodríguez Pereyra

4154236

LU-E 290/11

26.e) LO 1/1992

R/ Inés de Castro 17, baixo, Monforte de Lemos

Multa de 150 €