Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 222

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico.

A Xunta de Goberno local, por acordo número 9694 adoptado na sesión do día 24.10.2011, acordou aprobar o convenio urbanístico de xestión entre o Concello de Poio e a Comunidade de Propietarios Conxunto Ruada, na avenida Chancelas, 2, 4, 6 e 8 de Combarro, asinado o 14 de febreiro de 2011. O dito convenio sométese a información pública durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra o dito acordo pódese, directamente no prazo dun mes, desde a publicación, interpor o recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, consonte o establecido nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo establece o artigo 117.2 da antedita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, e entenderase desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 43.2 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999; poderán entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de 6 meses contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1 e 46.4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes consonte dereito.

Poio, 28 de outubro de 2011.

Luciano Sobral Fernández
Alcalde