Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 223

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de información pública dunha sala de festas e espectáculos.

N.º expediente: 136/2011.

Solicitante: Acuarium Sala de Eventos, S.L.

Obxecto: proxecto de actividade e acondicionamento dun local destinado a sala de festas e espectáculos.

Situación: lugar da Agra, n.º 12, Xuño, Porto do Son (A Coruña).

En cumprimento do acordo da Xunta de Goberno local con data de 17.11.2011, así como do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese á apertura dun período de información pública, mediante anuncio que se publicará no DOG, BOP e taboleiro de anuncios do concello, durante un prazo de 20 días hábiles contados desde a publicación do último anuncio, para que calquera persoa interesada poida presentar as alegacións ou suxestións que coide oportunas sobre o expediente de referencia.

Porto do Son, 1 de novembro de 2011.

José Luis Oujo Pouso
Alcalde presidente