Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 224

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

EDICTO de información pública sobre instalación de almacén.

Manturios e Sementes, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de almacén para venda de produtos agrogandeiros e fitosanitarios (pensos, fertilizantes, sementes, pequenos animais e plantas), en Requeixo, San Martiño, estrada LU-546, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública durante o termo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este se poida examinar o expediente na Secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 1 de decembro de 2011.

José Antonio García López
Alcalde