Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 221

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterrei

ANUNCIO de información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Monterrei.

O Pleno da Corporación aprobou inicialmente, na sesión que tivo lugar o día 21 de decembro de 2011, o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Monterrrei.

De conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, e pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, sométese a información pública o expediente polo prazo de dous meses, contado a partir da inserción deste anuncio no DOG; edicto que, ademais, se publicará no BOP de Ourense e nos xornais La Región e La Voz de Galicia.

Durante o devandito prazo, os interesados poderán consultar o expediente nas oficinas do concello, das 9.00 ás 13.00 horas, e formular por escrito as alegacións e observacións que consideren pertinentes.

En aplicación do disposto no artigo 77, puntos 2 e 3 da mencionada Lei 9/2002, queda suspendido o outorgamento de licenzas en todo o concello de Monterrei. O prazo de suspensión é dun ano.

Monterrei, 21 de decembro de 2011.

José Luis Suárez Conde
Alcalde