Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 220

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública sobre instalación de parque eólico.

En cumprimento do disposto no punto 3.º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente número AC-38/10-1807, que se tramita neste concello por instancia de Arcos de Graba, S.L., para a instalación de parque eólico singular Campo das Cruces, fase II, no Campo das Cruces, Quintelas (Dúas Igrexas), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto, que se farán unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente está á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Forcarei, 9 de decembro de 2011.

Belén Cachafeiro Anta
Tenente alcalde