Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 161

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (645/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 645/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Suárez Trigo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, José Chas Rodríguez, sobre Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar a demanda interposta por María Dolores Suárez Trigo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e José Chas Rodríguez debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir unha pensión de xubilación/vellez SOVI, así como a responsabilidade directa da entidade José Chas Rodríguez ante a falta de cotización durante 171 días e, en consecuencia, debo condenar e condeno a José Chas Rodríguez a aboar na porcentaxe do 9,5% da prestación que lle corresponda, así como ao Instituto Nacional da Seguridade Social a estar e pasar polo anterior pronunciamento, con aboamento do 90,5% da prestación que corresponda na contía, forma e efectos regulamentarios, sen deber de anticipar a parte correspondente á entidade José Chas Rodríguez.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial