Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 159

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (796/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Alberto Montero Souto contra Universo Digital Software, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 796/2009, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 600/2011.

Na cidade da Coruña o 29 de novembro de 2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Alberto Montero Souto, asistido polo letrado Federico Novo Pinilla e doutra como demandado Universo Digital Software, S.L., que non comparece pese a estar citado.

Decido que, estimando a demanda formulada por Alberto Montero Souto contra a empresa Universo Digital Software, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 9.797,64 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.0796.09 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0796.09 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Universo Digital Software, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de decembro de 2011.

O secretario xudicial