Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 157

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (860/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de María Pilar Rivera Varela contra Agravella, S.L. Cervecería La Fábrica, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 860/2009 se ditou a seguinte sentenza:

«Sentenza 601/2011.

Na cidade da Coruña o vinte e nove de novembro de dous mil once.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante María Pilar Rivera Varela, asistida polo letrado José Nogueira Esmorís, e doutra como demandada Agravella, S.L. Cervecería La Fábrica, que non comparece a pesar de estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda formulada por María Pilar Rivera Varela contra a empresa Agravella, S.L. Cervecería La Fábrica condeno esta a aboarlle a cantidade de 4.587,26 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente á recorrente que non sexa traballadora ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social, ou o seu habente causa, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846), a nome deste xulgado co n.º 1533.0000.65.0860.09 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0860.09 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, a recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Agravella, S.L. Cervecería La Fábrica, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de decembro de 2011.

O secretario xudicial