Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 155

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (810/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de Iván M. Fernández Hernández contra Socovent Norte, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 810/2009, e ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 605/2011.

Na cidade da Coruña o 30 de novembro de 2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, comparece asistido do seu letrado José Paramo Sureda, Iván M. Fernández Hernández, que comparece e doutra como demandada a empresa Socovent Norte, S.L., que non comparece.

Decido que estimando la demanda formulada por Iván M. Fernández Hernández contra a empresa Socovent Norte, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 2.103,12 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou aos seus habentes causa, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.0810.09 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0810.09 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Socovent Norte, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de decembro de 2011.

O secretario xudicial