Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 153

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (823/09).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña. Fago saber que no proceso seguido por instancia de Jaime Carballo Pais contra a empresa Jaime Rego Velo, en reclamación por ordinario, foi ditada a seguinte sentenza:

«Sentenza 599/2011.

Na cidade da Coruña, vinte e nove de novembro de 2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, despois de ver os presentes autos n.º 823/09 sobre ordinario, entre partes, dunha e como demandante Jaime Carballo Pais, e comparece o letrado David Pena Díaz, e doutra, como demandada, a empresa Jaime Rego Velo, que non comparece a pesar de estar citada en legal forma.

Admitindo a demanda formulada por Jaime Carballo Pais contra a empresa Jaime Rego Velo condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.952,53 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta no Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co n.º 1533.0000.65.0823.09, demostrándoo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0823.09 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando».

E para que sirva de notificación á empresa Jaime Rego Velo, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Na Coruña a 13 de decembro de 2011.

O secretario xudicial