Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 162

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (564/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 564/2011 deste xulgado do social, seguido a instancia de Teresa Luisa Abuín Tubío contra a empresa Televisión de Galicia, S.A., Olympus Comunicación, S.L., sobre relación laboral e reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por Teresa Luisa Abuín Tubío contra Televisión de Galicia, S.A., e Olympus Comunicación, S.L., e en consecuencia acordo:

1.º Declarar que a relación laboral da demandante coa demandada Televisión de Galicia, S.A., ten carácter indefinido non fixo, con antigüidade desde o 1 de agosto de 1995 e categoría de redactor (nivel económico 1).

2.º Condenar a demandada Televisión de Galicia, S.A., a que aboe á demandante en concepto de complemento persoal de capacitación e permanencia laboral a cantidade de 12.402 euros polo período desde o 1 de marzo de 2010 ata o 31 de outubro de 2011, así como as que continúe xerando por este complemento desde o 1 de novembro de 2011.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Olympus Comunicación, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial