Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (793/2010).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 793/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Félix Barreiro Hernández contra as empresas Movimiento de Mercancías, S.L.U., Red de Servicios e Implantaciones, S.L., Acumula, S.A., El Corte Inglés, S.A., JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L.U., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que en atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu:

Que desestimo a excepción de falta de lexitimación pasiva e desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Félix Barreiro Hernández contra as empresas Red de Servicios o Implantaciones, S.L., JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L.U., Movimiento de Mercancías, S.L.U., El Corte Inglés, S.A. y Acumula, S.A., polo que absolvo as empresas demandadas das pretensións contidas na demanda contra elas dirixida.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou o seu representante legal, designando o letrado que o deberá interpor, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Javier Vázquez Botas, administrador de Movimiento de Mercancías, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2011.

O secretario xudicial