Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (798/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 798/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Enrique Bello Uribe contra a empresa Opecen Inmobiliaria, S.A., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda formulada por José Enrique Bello Uribe, con DNI 32414764J, contra a empresa Opecen Inmobiliaria, S.A., cualifico como improcedente o despedimento tácito do 11.7.2011 e declaro extinguida a relación laboral do demandante coa demandada, condenando á dita empresa a estar e pasar por tal declaración e a que lle aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios

31.154,06 €

20.988 €

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 150,25 euros preceptivas para interpoñer recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Opecen Inmobiliaria, S.A., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de decembro de 2011.

O secretario xudicial