Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (785/11).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 785/11 por instancia de Rogelio Lavandeira Lorenzo contra a empresa Teijeiro Recarey, S.L., sobre resolución de contrato, nos cales se ditou sentenza en data 12.12.2011, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que admitindo a demanda interposta por Rogelio Lavandeira Lorenzo contra a empresa Teijeiro Recarey, S.L, debo declarar resolto o contrato de traballo concertado entre as partes e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 2625,58 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534000064 78511.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Teijeiro Recarey, S.L., expido e asino a presente na Coruña o doce de decembro de dous mil once.

A secretaria xudicial