Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a presentación dunha solicitude para a creación do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a presentación da solicitude de creación do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia, coa fin de que no prazo dun mes os interesados lexítimos poidan examinar o expediente nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas) sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3.ª planta, en Santiago de Compostela, e formular as alegacións que consideren oportunas.

A memoria xustificativa da creación do colexio profesional, que acompaña a solicitude, prevé os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: o Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia agrupará os profesionais que estean en posesión dos seguintes títulos:

– Diplomado en Nutrición Humana e Dietética, regulado no Real decreto 433/1998, do 20 de marzo.

– Calquera titulación oficial equivalente á anterior, recoñecida ou homologada pola autoridade competente.

Asina a solicitude: José Antonio López Gómez, presidente da Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza