Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se modifica a Resolución do 14 de decembro de 2011 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo de desprazamento dos participantes do Programa Reencontros na Casa.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 238, do 15 de decembro de 2011, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 36919, onde di: «4. Orzamento base de licitación: 170.000 €, máis 5.000 € de IVE», debe dicir: «4. Orzamento base de licitación: 173.000 €, máis 2.000 € de IVE».

Esta corrección supón a modificación dos prazos establecidos na resolución do anuncio de licitación, polo que a data límite para a presentación das ofertas será 15 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral de Emigración