Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 40999

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (465/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 465/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Figueiras Porteiro contra a empresa Carro Santos, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por José María Figueiras Porteiro, con DNI 47374422B, contra a empresa Carro Santos, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 31.3.2011, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos na data de hoxe, día 15.7.2011, condenando á dita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite 31.3.2011/15.7.2011

12.389,93 € (45, 26* 273,75 días)

4.797,56 €

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 150 euros preceptivas para interpoñer recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a José Daniel Carro Lema, administrador da empresa Carro Santos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de decembro de 2011.

O secretario xudicial