Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de decembro de 2011 pola que se notifica a resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 13-25-11-03.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE n.º 283, do 25 de novembro), de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado por Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e, en virtude do disposto no artigo 39.1.º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG n.º 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG n.º 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE n.º 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Nova Galicia Banco), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.

José Ignacio Villar García
Director do ente público Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data; hora; porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-25-11-03

Celador do porto

Manuel Fermín Gómez Otero

Padre Crespo, 79-3 B

36800 Redondela (Pontevedra)

Condución temeraria.

16.3.2011; 16.58 horas; Cesantes (Pontevedra)

Art. 306.1.a) R.D.L. 2/2011

Art. 10 e 14 O.M.  12.6.1976

Art. 312

R.D.L. 2/2011

200 €