Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se anuncia a contratación do servizo para a realización dos traballos de desenvolvemento e implantación das modificacións derivadas da nova Lei de patrimonio da Comunidade Autónoma, no aplicativo de inventario da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

2) Enderezo: r/ Domingo Fontán, n.º 9.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4) Teléfono: 981 54 13 37/26.

5) Telefax: 981 54 12 70.

6) Correo electrónico: rexistro.cixtec@cixtec.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: A12-006.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización dos traballos de desenvolvemento e implantación das modificacións derivadas da nova Lei de patrimonio da Comunidade Autónoma, no aplicativo de inventario da Xunta de Galicia.

c) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: r/ Domingo Fontán, n.º 9.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo de execución: 4 meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 43.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 43.000,00 euros. Importe total: 50.740,00 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: en sobre pechado ou a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

2) Enderezo: r/ Domingo Fontán, n.º 9.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4) Enderezo electrónico: rexistro.cixtec@cixtec.es

5) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: o quinto (5) día hábil, contado a partir do seguinte ao do remate da presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: o décimo primeiro (11) día hábil, contado a partir do seguinte ao do remate da presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

- Hora: 10.00 horas.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, n.º 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2011.

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión
Tributaria, Económico-Financeira e Contable