Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 12 de decembro de 2011, da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, polo que empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de arbitraxe 36R001/577/2009 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o sistema arbitral de consumo, o artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, sede da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, con enderezo na rúa Paseo de Cervantes, 7-1.º, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 12 de decembro de 2011.

Luis Boullosa Nores
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R001/577/2009.

Interesada: Mejoras del Gas, S.L.

CIF: B18643338.

Acto notificado: laudo arbitral do 25 de maio de 2010.

Expediente: 36R001/536/2011.

Interesada: Angie Carolina Pérez Méndez.

DNI: 77546150V.

Acto notificado: laudo arbitral do 15 de novembro de 2011.

Expediente: 36R001/2147/2009.

Interesada: Tintorería Lavandería Higiensec-Centro, C.B.

CIF: E36444206.

Acto notificado: laudo arbitral do 29 de setembro de 2011.

Expediente: 36R001/1503/2010.

Interesada: Beatriz Ramón Álvarez.

DNI: 71513241P.

Acto notificado: laudo arbitral do 13 de outubro de 2011.