Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servizo de limpeza das unidades hospitalarias (Montecelo e Provincial) do Complexo Hospitalario de Pontevedra (AB-CHP1-11-011).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Unidade de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo n.º 2 (Hospital Provincial).

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4) Teléfono: 986 80 71 03.

5) Telefax: 986 80 83 09.

6) Correo electrónico: contrataciones.chopo@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-CHP1-11-011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza das unidades hospitalarias (Montecelo e Provincial) do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial e Hospital Montecelo.

1. Domicilio: r/ Loureiro Crespo n.º 2 e Mourente, s/n, Montecelo.

2. Localidade e código postal: Pontevedra, 36001 e 36071.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000-9; 90911000-6; 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Subhasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 15.991.219,50 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 7.268.736,14 euros. Importe total: 8.577.108,64 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 17 de xaneiro de 2012.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra (Hospital Provincial).

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo n.º 2.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4) Correo electrónico: contrataciones.chopo@sergas.es

d) Número previsto de empresas as que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): –.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: –.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

d) A data e a hora: a data e a hora en que terá lugar a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión tarifas, DOG: 5,42 €/liña (se é urgente 10,82 €/liña). BOE: 13,067805 €/liña título e 14,519784 €/liña de texto (se é urxente 26,13561 €/liña título e 29,039568 €/liña de texto. DOUE: publicidade sen cargo.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de decembro de 2011.

12. Outras informacións: –.

Pontevedra, 4 de novembro de 2011.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra