Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan de sectorización do solo urbanizable industrial Outeda-Curro-Barro.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o 15 de decembro de 2011, aprobou definitivamente o documento do Plan de sectorización do solo urbanizable industrial Outeda-Curro (SRAU-I Outeda-Curro), logo da incorporación ao documento da addenda para a emenda de deficiencias en execución de sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 24 de febreiro de 2011 (P.O. 4556/2006).

Con data do 20 de decembro de 2011, remitiuse á Secretaría Xeral de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas copia completa do expediente e dous exemplares do documento aprobado definitivamente.

Segundo dispón o artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público o citado acordo.

O Plan de sectorización SRAU-I Outeda-Curro non entrará en vigor ata a publicación íntegra do texto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, segundo dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, na redacción dada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, e transcorrido o prazo de 15 días sinalado no artigo 65.2 da citada lei.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todo isto sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que se coiden oportunos.

Barro, 20 de decembro de 2011.

José Antonio Landín Eirín
Alcalde