Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle de reaxuste das aliñacións de oito parcelas na AR-S3.

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria celebrada o día doce de decembro de dous mil once, adoptou seguinte acordo:

Aprobación inicial do estudo de detalle para ordenar a ocupación e reaxustar as aliñacións de oito parcelas e agrupar tres delas, no Plan parcial Buenos Aires área de repartición AR-S3.

Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para ordenar a ocupación e reaxustar as aliñacións de oito parcelas, e agrupar tres delas, situadas en solo urbano, no Plan parcial Buenos Aires, área de repartición AR-S3, tramitado por Melchor Barreiro e Hijos, S.L., segundo proxecto redactado polo arquitecto David Barreiro Loureiro, colexiado número 3419.

Segundo. Someter o expediente a información pública polo prazo mínimo de vinte días mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de acordo co disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Terceiro. Notificar persoalmente ao propietario e aos demais interesados directamente afectados polo expediente para que poidan examinalo e formular as alegacións que procedan.

Lugar de exposición do expediente: Secretaría (1.º andar da casa do concello).

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 19 de decembro de 2011.

José Manuel López Varela
Alcalde