Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación das contías asignadas a axudas en materia de aluguer e mellora da accesibilidade de vivenda.

O Decreto da alcaldía número 289/2011, do libro de resolucións en materia de contratación-fomento, do día 18 de decembro de 2011, resolve modificar as contías aprobadas nas bases xerais reguladoras 2011, da concesión de subvencións para mellora da accesibilidade e habitabilidade de vivendas de persoas dependentes e para alugamento de vivendas en Lugo, exercicio económico 2011. Aplicación orzamentaria 15000.44901, segundo o seguinte detalle:

Axudas en materia de alugamento. Total crédito: 141.000 € (95.000 é o crédito inicialmente aprobado, máis 46.000 que proceden da diferenza entre a cantidade inicialmente aprobada para o financiamento das axudas en materia de mellora da accesibilidade de vivenda e a realmente adxudicada).

Axudas para a mellora da accesibilidade de vivenda. Total crédito: 8.000 € (54.000 é o crédito inicialmente aprobado, menos 46.000 € sobrantes da adxudicación destas subvencións).

O que se fai público para que produza os efectos oportunos.

Lugo, 19 de decembro de 2011.

Sonia Méndez García
Tenente de alcalde delegada da Área de Economía,
Emprendemento, Autónomos e Educación