Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre apertura de taller de reparación.

Indra Sistemas, S.A., solicitou nesta alcaldía licenza municipal para apertura dunha actividade de taller de reparación de equipamentos electrónicos, situado na estrada do Pavillón, esquina con rúa de nova apertura no polígono da Gándara. Cumprindo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas no departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 17 de novembro de 2011.

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral