José Antonio Prieto Mouriz, solicitou nesta alcaldía licenza municipal para apertura dunha actividade de almacén de materias, produtos e equipamentos de construción e afins, situada na parcela W-13-sector IV-polígono Río do Pozo. Cumprindo o disposto no punto 3.º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas no departamento de Urbanismo deste concello.
Narón, 17 de novembro de 2011.
Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral