Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38165

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Páramo

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de corte de vacún.

Manuel López Liz, representante de Ganadería O Souto, solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de corte de vacún, esterqueira e almacén, que se situará en Saa. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Páramo, 6 de maio de 2011.

O alcalde