Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37948

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (314/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 314/11 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Castro Tasende contra a empresa Trans-Aldico, S.L., sobre despedimento, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por José Castro Tasende contra a empresa Trans-Aldico, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e extinguida a relación laboral na data desta resolución, e condeno a demandada a que lle aboe unha indemnización de 3.337,10 euros máis 12.946,59 euros por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Trans-Aldico, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 1 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial