Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (981/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que a resolución ditada o día 10.10.2011 no proceso seguido por instancia da empresa Pesquera Caldeirón, S.L., contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dolores Isabel Taibo Pose e fillo menor, Carlos Suárez Taibo, en reclamación por recarga de prestacións, rexistrado co número 981/09 acordouse notificar á empresa a seguinte sentenza:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Pesquera Caldeirón, S.L., contra o INSS, a TXSS e Dolores Isabel Taibo Pose e o seu fillo Carlos Suárez Taibo, e absolvo os demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Dolores Isabel Taibo Pose e fillo menor, Carlos Suárez Taibo, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial