Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37950

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (684/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 684/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Fernández Seoane contra a empresa Viproga, S.A., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 342/2011

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2011.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos estes autos n.º 684/2011, promovidos ante este Xulgado do Social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Francisco Javier Fernández Seoane, asistido da letrada Estefanía Blanco Pena, contra a empresa Viproga, S.A., que non compareceu malia estar citada e o Fogasa, que tampouco compareceu malia estar citado, pronunciou, no nome do Rei, a seguinte sentenza.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Francisco Javier Fernández Seoane contra Viproga, S.A. e condeno a esta entidade a lle aboar ao demandante 4.622,27 euros. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza. A empresa condenada deberá, así mesmo, ao anunciar o recurso, acreditar que consignou o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Español de Crédito, S.A., co número 0030-1846-42-0005001274, clave de expediente xudicial 5076000034068411, que se poderá substituír por aseguramento mediante aval bancario, con constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150 euros en calidade de depósito.

E para que sirva de notificación a Viproga, S.A., expídese e asínase este edicto.»

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado