Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37951

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (684/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 684/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Fernández Seoane contra a empresa Viproga, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza n.º 342/2011.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2011.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver estes autos n.º 684/2011, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Francisco Javier Fernández Seoane, asistido da letrada Estefanía Blanco Pena, contra a empresa Viproga, S.A., que foi citada e non compareceu, despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu, pronunciou a seguinte sentenza:

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Francisco Javier Fernández Seone contra Viproga, S.A. e condeno esta entidade a lle aboar ao demandante 4.622,27 euros. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e ao Fogasa facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no Banco Español de Crédito, S.A., co número 0030 1846 42 0005001274, clave de expediente xudicial 5076000034068411, que pode substituír por aseguramento mediante aval bancario, onde conste a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150 € en calidade de depósito».

E para que lle sirva de notificación a Viproga, S.A., expido e asino este edicto.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial