Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (123/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 123/11 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Verónica Oliveira Tasende contra a empresa Confecciones Teruca, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Verónica Oliveira Tasende contra a empresa Confecciones Teruca, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a demandada a que aboe unha indemnización de 8.235,81 euros máis 11.947,52 euros por salarios de tramitación.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Teruca, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 1 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial