Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37945

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (545/2007).

Neste procedemento ditouse, con data do 13 de outubro de 2011, a seguinte e literal sentenza:

«Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, estes autos de xuízo verbal tramitados co número 545/2007, en que intervén como demandante María Emilia Terrero Terrero, en nome e representación do seu fillo Adrián Terrero Terrero, representada polo procurador dos tribunais Sr. Regueiro Muñoz e asistida pola letrada Sra. Alfau Ortiz, e como demandados María Socorro Lozano Álvarez, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Cabanas Prada e asistida pola letrada Sra. D’Amorín Camba, Manuel Vicente Lozano, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Cabanas Prada e asistido polo letrado Sr. Constenla Vega, Rubén Vicente Lozano e Germán Vicente Lozano, ambos en situación de rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal, en virtude das seguintes consideracións, dispoño:

Estimar a demanda en reclamación de filiación extramatrimonial interposta por Máxima Emilia Terrero Terrero, en nome e representación do seu fillo menor Adrián Terrero Terrero e, en consecuencia, debo declarar e declaro que o menor Adrián Terrero Terrero, nacido o día 14 de agosto de 2001 en Ponferrada, é fillo biolóxico de Manuel Vicente Mendiola, con todas as consecuencias legais. En canto sexa firme esta resolución, expedirase mandamento ao encargado do Rexistro Civil onde está inscrito o menor para que practique a oportuna inscrición, facendo constar a dita filiación e facendo constar, así mesmo, como primeiro apelido do menor o do proxenitor determinado nesta resolución, todo iso sen expresa imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación, que se deberá preparar mediante escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación, para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así acórdoo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma ao demandado Rubén de Vicente Lozano, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 3 de outubro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado