Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37943

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (294/2008-CON).

Nas actuacións do recurso de suplicación número 294/2008-CON a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 323/2007 do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, promovidos por Mutual Midat Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Baños García, Construcciones San Blas, S.L., sobre incapacidade temporal, con data do 22 de novembro de 2011 foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Midat Cyclops contra a sentenza do 7.11.2007 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra no procedemento n.º 323-2007 sobre prestacións de incapacidade temporal, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións no xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste e para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones San Blas, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán no xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, 22 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial