Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37941

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 234/2011).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 234/2011 desta sección, seguido por instancia da Consellería de Traballo e Benestar contra Centro Frigorífico Conservero, S.A., Ábside Recursos Humanos ETT, S.A, Marina Esther Carro Romero, María Jesús Figueira Iglesias, Sandra Lajos Rodríguez, Alicia Laya Lorenzo, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Centro Frigorífico Conservero, S.A., contra a sentenza con data do 13 de xullo de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en autos 1256/09, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 300 euros en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co n.º 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso» seguida do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, en diante, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña, 27 de outubro de 2011.

A secretaria xudicial