Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37939

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 13 de decembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de alzada, interposto por María Rosa Rodríguez Fernández.

Con data do 22 de novembro de 2011 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se inadmite o recurso de alzada formulado por María Rosa Rodríguez Fernández contra a Resolución do 22 de setembro de 2011, do tribunal nomeado pola Orde do 4 de setembro de 2009 (DOG núm. 179, do 11 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, pola que se dá publicidade da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 189, do 3 de outubro de 2011).

Tentada, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo, por ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a María Rosa Rodríguez Fernández a resolución antes referida.

A recorrente pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3.º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8 e 14.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública