Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 8 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se notifica o trámite de audiencia previo ao inicio da revogación correspondente ao expediente IN841C-2008/144.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), despois de intentar sen éxito a comunicación do trámite de audiencia previo ao inicio da revogación correspondente ao expediente IN841C-2008/144 no último domicilio social coñecido da entidade Hermanos Sobradelo S.L., procédese á súa notificación por medio de anuncio no taboleiro do concello do último domicilio social coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, reprodúcese integramente o texto da resolución:

«Hermanos Sobradelo, S.L., r/ Portecanles 24-Dimo (Catoira), 36612 Pontevedra.

Expediente: IN841C-2008/144.

Título: «Sistema de optimización na produción de recursos acuícolas mariños-SOPRAM».

Entidade beneficiaria: Hermanos Sobradelo, S.L.

Convocatoria: Orde do 25 de abril de 2008 (DOG do 8 de maio).

Resolución: 27 de outubro de 2008 (DOG do 7 de novembro).

Asunto: trámite de audiencia. Inicio da revogación correspondente ao expediente.

Con relación ao proxecto indicado comunícolle,

1. O artigo 61 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia establece:

«Artigo 61. Perda do dereito ao cobramento da subvención.

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia».

3. O artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia establece:

«Artigo 33. Causas de reintegro.

1. Tamén procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 28 desta lei e, se é o caso, nas normas reguladoras da subvención.

d) ...».

3. O artigo 17 da Orde do 25 de abril de 2008 establece que, para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 3 da convocatoria, e na data límite do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate a documentación xustificativa da subvención concedida.

4. Na data límite de presentación da documentación xustificativa de gasto correspondente ás anualidades 2008 e 2009 do proxecto co código de expediente citado máis arriba, Hermanos Sobradelo, S.L. non presentou a documentación xustificativa do gasto realizado do mencionado proxecto.

5. Con data do 19 de febreiro de 2010 remítese escrito a Hermanos Sobradelo, S.L., no cal, de acordo co disposto no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se lle concede un prazo de dez días para a presentación da documentación xustificativa correspondente ás anualidades 2008 e 2009 do proxecto IN841C-2008/144.

6. De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, despois de tentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio social coñecido da empresa Hermanos Sobradelo, S.L., o 8 de agosto de 2011 envíase ao Concello de Catoira a cédula pola cal se notifica mediante anuncio o citado trámite. Na data do 6 de octubre de 2011 publícase no Diario Oficial de Galicia n.º 192 a mesma célula de notificación.

7. Transcorrido o prazo indicado, Hermanos Sobradelo, S.L. non presenta a documentación requirida.

8. Tendo en conta o sinalado anteriormente e que Hermanos Sobradelo, S.L. non xustificou a subvención concedida, procede deixar sen efecto a Resolución do 27 de outubro de 2008 (DOG do 7 de novembro) pola que se adxudican as axudas para o fomento da investigación e a innovación empresarial do procedemento IN841C, convocadas na Orde do 25 de abril de 2008 (DOG do 8 de maio) polo que se refire á subvención concedida a Hermanos Sobradelo, S.L., para a realización do proxecto «sistema de optimización na produción de recursos acuícolas mariños-SOPRAM» (IN841C-2008/144).

9. De acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería concédelle, antes de proceder a redactar a proposta de resolución correspondente, un prazo de 10 días hábiles para alegar e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes.

O que se notifica por medio de anuncio para o seu coñecemento e para os efectos oportunos».

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2011.

Ricardo Capilla Pueyo
Director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación