Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 21 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se notifica o trámite de audiencia do expediente IN841C-2007/34, devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentar sen éxito o trámite de audiencia previo á resolución de revogación correspondente ao expediente IN841C-2007/34 no último domicilio social coñecido da entidade Coaxis España, S.L., procédese á súa notificación por medio de anuncio no taboleiro do Concello do último domicilio social coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, reprodúcese integramente o texto do requirimento:

Coaxis España, S.L., r/ Florida n.º 53, oficinas 3 e 4, 36210 Vigo (Pontevedra).

Asunto: trámite de audiencia.

En relación co proxecto titulado Sistemas de información para a xestión loxística e márquetin de empresas do sector de telemárquetin (IN841C-2007/34), subvencionado a esa entidade por Resolución da Consellería de Innovación e Industria do 12 de novembro de 2007 (DOG núm. 226, do 22 de novembro), pola que se adxudican as axudas para o fomento da innovación empresarial, convocadas pola Orde do 26 de abril de 2007 (DOG núm. 95, do 18 de maio), modificada pola Orde do 23 de outubro de 2007 (DOG núm. 211, do 31 de outubro), comunícaselle o seguinte:

1. A Orde do 26 de abril de 2007 establece no punto 1 do artigo 17 que, para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar na data límite do 31 de outubro do exercicio correspondente a documentación xustificativa da subvención concedida. Establece, así mesmo, no punto 2 do mesmo artigo que, transcorrido o prazo indicado sen que o beneficiario presentase a documentación solicitada, poderase entender que renuncia á subvención.

2. O artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que son obrigas dos beneficiarios das axudas, entre outras:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3. Con data do 5 de decembro de 2007, a entidade presentou documentación para a xustificación do gasto realizado correspondente á primeira anualidade do mencionado proxecto.

4. Con data do 18 de febreiro de 2008 requiríuselle á entidade documentación xustificativa complementaria da primeira anualidade (2007) da subvención concedida, concedéuselle un prazo de 10 días e advertíuselle que de non atender a este requirimento se tería por desistido da súa solicitude, logo de resolución, que será ditada nos termos establecidos no artigo 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Con data do 4 de marzo de 2008, a entidade presentou documentación complementaria para a xustificación do gasto realizado correspondente á primeira anualidade do mencionado proxecto.

6. Con datas do 19 de decembro de 2008 e do 22 de abril de 2010 remítese requirimento á entidade indicando que, para ter dereito a percibir o importe correspondente á segunda anualidade do proxecto, debe presentar a correspondente documentación xustificativa no prazo improrrogable de quince días, advertíndolle que a falta de presentación da xustificación no prazo establecido levará consigo a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 23 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Con data do 4 de maio de 2010, achégase ao Concello de Vigo a Cédula do 30 de abril de 2010 da Consellería de Economía e Industria pola que se notifica mediante anuncio un requirimento de documentación devolto polo servizo de Correos, que ía dirixido á entidade Coaxis España, S.L., para a xustificación dos gastos correspondentes ao proxecto IN841C-2007/34, onde se solicita que remita a este centro directivo unha certificación que acredite a exposición pública desta cédula.

8. Con data do 7 de xuño de 2010, o Concello de Vigo remitiu a notificación correspondente á exposición no taboleiro de anuncios (Coaxis España, S.L.), onde indica que estivo exposta no taboleiro oficial de anuncios da Casa Consistorial durante o prazo regulamentario.

9. Con data do 29 de marzo de 2011, publícase no Diario Oficial de Galicia a Cédula do 30 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se notifica o requirimento de documentación do expediente IN841C-07/34 devolto polo servizo de Correos.

10. Tendo en conta que a entidade non presentou a documentación xustificativa completa da subvención concedida dentro dos prazos establecidos e, consecuentemente, non se acreditou correctamente o cumprimento da finalidade que determinou a súa concesión, procede iniciar resolución de revogación da subvención para a realización do proxecto Sistemas de información para a xestión loxística e márquetin de empresas do sector de telemárquetin (IN841C-2007/34).

Por todo o indicado anteriormente, e antes de proceder a ditar a citada resolución, e de acordo co establecido no artigo 84.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de 10 días hábiles para realizar as alegacións que considere pertinentes.

O que se notifica por medio de anuncio para o seu coñecemento e para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2011.

Ricardo Capilla Pueyo
Director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación