Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 2 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se notifica o trámite de audiencia previo ao inicio da revogación correspondente ao expediente IN841C-2008/57.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentar sen éxito a comunicación do trámite de audiencia previo ao inicio da revogación correspondente ao expediente IN841C-2008/57 no último domicilio social coñecido da entidade Diamancenter, S.L., procédese á súa notificación por medio de anuncio no taboleiro do Concello do último domicilio social coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, reprodúcese integramente o texto da resolución:

Diamancenter, S.L., Queimadiña-Leirado s/n, 36457 Pontevedra.

Expediente: IN841C-2008/57.

Título: Implantación de novos procesos de sinterizado sen presión de perlinas diamantadas para a fabricación de fio de corte diamantado para o sector da pedra-fío.

Entidade beneficiaria: Diamancenter, S.L.

Convocatoria: Orde do 25 de abril de 2008 (DOG do 8 de maio).

Resolución: 27 de outubro de 2008 (DOG do 7 de novembro).

Asunto: trámite de audiencia. Inicio da revogación correspondente ao expediente.

Con relación ao proxecto indicado comunícolle,

1. O artigo 61 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece:

«Artigo 61. Perda do dereito ao cobramento da subvención.

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia».

2. O artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece:

«Artigo 33. Causas de reintegro.

1. Tamén procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 28 desta lei e, se é o caso, nas normas reguladoras da subvención.

d)...».

3. O artigo 17 da Orde do 25 de abril de 2008 establece que, para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 3 da convocatoria, e na data límite do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate a documentación xustificativa da subvención concedida.

4. Na data límite de presentación da documentación xustificativa de gasto correspondente ás anualidades 2008 e 2009 do proxecto co código de expediente citado máis arriba, Diamancenter, S.L. non presentou a documentación xustificativa do gasto realizado do mencionado proxecto.

5. Con data do 19 de febreiro de 2010 remítese escrito a Diamancenter, S.L., no que de acordo co disposto no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle un prazo de dez días para a presentación da documentación xustificativa correspondente ás anualidades 2008 e 2009 do proxecto IN841C-2008/57.

6. De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, despois de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio social coñecido da empresa Diamancenter, S.L., o 8 de agosto de 2011 envíase ao Concello de Salvaterra do Miño a cédula pola que se notifica mediante anuncio o citado trámite. O 6 de outubro de 2011 publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 192 a mesma célula de notificación.

7. Transcorrido o prazo indicado, Diamancenter, S.L. non presenta a documentación requirida.

8. Tendo en conta o sinalado anteriormente e que Diamancenter, S.L. non xustificou a subvención concedida, procede deixar sen efecto a Resolución do 27 de outubro de 2008 (DOG do 7 de novembro) pola que se adxudican as axudas para o fomento da investigación e a innovación empresarial do procedemento IN841C, convocadas na Orde do 25 de abril de 2008 (DOG do 8 de maio) polo que se refire á subvención concedida a Diamancenter, S.L., para a realización do proxecto Implantación de novos procesos de sinterizado sen presión de perlinas diamantadas para a fabricación de fío de corte diamantado para o sector da pedra-fío. (IN841C-2008/57).

9. De acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle por parte desta consellería, antes de proceder a redactar a proposta de resolución correspondente, un prazo de 10 días hábiles para alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes.

O que se notifica por medio de anuncio para o seu coñecemento e para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2011.

Ricardo Capilla Pueyo
Director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación