Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37594

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (377/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 377/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Perol Hermidas contra a empresa Orquesta Cibeles, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Roberto Perol Hermidas, contra Orquesta Cibeles, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Orquesta Cibeles, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 2.195 euros por salarios debidos entre setembro e outubro de 2010, ademais a compensación por vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais, que se cuantifican a razón de 219,5 euros coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a previa consignación do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1 a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación á empresa Cibeles, S.L., en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente na Coruña, vinte e nove de novembro de dous mil once.

O secretario xudicial