Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37592

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (34/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 34/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Begoña Pena Busto contra a empresa Churrascaría Rodizio Copacabana e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Begoña Pena Busto, contra Restaurante Churrascarría Rodizio Copacabana e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Restaurante Churrascarría Rodizio Copacabana, a que abone á demandante a cantidade de 1.041,23 euros por salarios debidos entre maio e xuño de 2010, incrementada no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante la Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo a empresa substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtaselle ao destinatario, empresa Churrascaría Rodizio Copacabana, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial