Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (668/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 668/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Arcones Schallmoser contra a empresa Dygra Films, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido que debo aceptar e acepto integramente a demanda formulada por Mercedes Arcones Schallmoser, con DNI 5399682-H, contra a empresa Dygra Films, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 20.5.2011, condenando a demandada a estar e pasar por tal declaración e a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización cifrada en 40.829,25 euros; ademais, calquera que sexa o sentido da opción, a demandada terá que aboarlle á demandante unha cantidade igual á suma dos salarios deixados de percibir, a razón de 55,55 euros/día, desde a data do despedimento ata a notificación desta sentenza, ou ata que tivese encontrado outro emprego, se tal colocación fose anterior á sentenza e o empresario probase o percibido para o seu desconto dos salarios de tramitación.

De non optar expresamente, enténdese que o fai pola readmisión.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada, deberá amosar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e tamén se deberá acreditar na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 150,25 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Dygra Films, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa publicación no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2011.

O secretario xudicial