Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (155/2009).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 155/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Añón Tuset, Comunidade Hereditaria de Antonio Pombo Rodríguez contra a empresa Promociones Vilares y Ferreiro, S.L., sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa decisión di literalmente:

«Resolvo que, en atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu:

Que rexeita a excepción de prescrición e acepta en parte a demanda formulada por Josefa Añón Tuset, actuando en nome e representación da Comunidade Hereditaria de Antonio Pombo Rodríguez contra as empresas Edificaciones Orivan, S.L. (en concurso), Promociones Vilares y Ferreiro, S.L. e a aseguradora Catalana Occidente, S.A., polo que condeno solidariamente a todas as codemandadas ao aboamento, a favor da parte demandante, da cantidade de 29.804,59 euros.

A dita cantidade incrementarase para a aseguradora citada no xuro do artigo 20 da LCS, computado desde o 20 de maio de 2010.

Procede a libre absolución da aseguradora Caser Seguros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada que a subscribe e no día da súa data. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Promociones Vilares y Ferreiro, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 29 de novembro de 2011.

O secretario xudicial