Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37586

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (683/2009).

Procedemento: xuízo verbal 683/2009.

De: Banco Popular Español, S.A.

Procurador: Juan Manuel Señoráns Arca.

Contra: Granitos J. Tomás, S.L., Sonia Fernández Martínez, Isabel Bastos Lago, Juan Ramón Casal Piñeiro, Tomás Sotelo Loureiro.

No xuízo referenciado ditouse a resolución cuxo texto literal é o seguinte:

«Sentenza.

No Porriño, 24 de maio de 2010.

Vistos por min, Patricia López Arranz, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, estes autos de xuízo verbal promovido por Banco Popular Español, S.A., baixo a representación procesual do procurador Juan Manuel Señoráns Arca e asistida polo letrado Sr. Urrutia Salgado, fronte a Granitos J. Tomás, S.L., Tomás Soutelo Loureiro, Sonia Fernández Martínez, Juan Ramón Casal Piñeiro e Ana Isabel Bastos Lago, sobre reclamación de cantidade, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Juan Manuel Señoráns Arca, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., condeno a Granitos J. Tomás, S.L., Tomás Soutelo Loureiro, Sonia Fernández Martínez, Juan Ramón Casal Piñeiro e Ana Isabel Bastos Lago a que aboen solidariamente á demandante a cantidade de 2.712,33 euros máis os xuros de demora pactados ao tipo a que se fai referencia no fundamento primeiro, desde a data do peche contable ata o efectivo pagamento.

Condeno en custas a parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días desde o seguinte ao da súa notificación, debendo prepararse ante este xulgado, logo de depósito da cantidade correspondente na conta de depósitos e consignacións.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándooe asínoo».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, mediante este notifícase a sentenza a Granitos J. Tomás, S.L., Sonia Fernández Martínez, Tomás Sotelo Loureiro.

O Porriño, 8 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial