Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37584

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (311/2011-CG).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 2 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 311/2011 desta sección, seguido por instancia da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña contra a empresa Seguros El Corte Inglés, Vida, Pensiones y Reaseguros, S.A., Concepción Porta Rodríguez, María Josefa Rodríguez Neira, Patricia Veira Suárez, José Ignacio López Pulleiro, Victoria Isabel Ares Vázquez, Sheila Suárez Pérez, Jesús M. del Barrio Rivera, Gema Martínez Sánchez, Miguel Ángel López Díaz, Lucía López Castro, Alfonso José Cambeiro Vázquez, María Isabel Rodríguez Cordero sobre outros dereitos laborais, ditouse sentenza o 21.11.2011, cuxa parte dispositiva di así:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Inspección Provincial de Traballo, contra a sentenza de data dez de maio do ano dous mil dez, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, en proceso promovido pola recorrente fronte á empresa Seguros El Corte Inglés, Vida, Pensiones y Reaseguros, debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Concepción Porta Rodríguez e a Jesús M. del Barrio Rivera, S.L., con últimos domicilios coñecidos en Santiago de Compostela e A Coruña, respectivamente, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto na Coruña, 21 de novembro de 2011.

O/a secretario/a xudicial