Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37595

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (527/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 527/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de César José Iglesias Fernández contra a empresa Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L. e outros, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di que: «Debo aceptar e acepto subsidiariamente a demanda que en materia de despedimento foi interposta por César José Iglesias Pérez Fernández contra as entidades Progametal, S.L., Tecnólica y Diseño de Interiores, S.L., Proesga, S.L., Zimmer Heim Ibérica, S.L. e Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que o demandante foi obxecto o 1 de marzo de 2011, con efectos do 29 de marzo de 2011, e condeno solidariamente a Progametal, S.L., Tecnólica y Diseño de Interiores, S.L., Proesga, S.L., Zimmer Heim Ibérica, S.L. e Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., a que no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 6.873,80 €, máis ao aboamento dos salarios de tramitación desde o 26 de abril de 2010 (alta de incapacidade temporal) ata a notificación desta resolución, que ascenden a 91,65 € diarios, en ambos os dous casos. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 € do depósito especial indicado no artigo 227.1 a) da LPL. Ambos os dous ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que lle sirva de notificación á empresa Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto na Coruña o vinte e nove de novembro de dous mil once.

A secretaria