Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente de asistencia xurídica gratuíta PR 204 A 2011/2515-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles aos herdeiros descoñecidos da persoa que se relaciona no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Esta resolución poderá se impugnada dentro do prazo de cinco días desde a súa notificación ou, en defecto desta, desde que sexa coñecida polas persoas afectadas. A impugnación realizarase por medio da presentación na secretaría da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta dun escrito en que se exporán, de forma motivada, os argumentos da impugnación.

Logo de transcorrer o prazo de impugnación sen que esta se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Lugo, 29 de novembro de 2011.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO I

Solicitante

DNI/NIF

N.º expt.

Último enderezo

Resolución

Luis Carlos Gómez Correa

X3485875 H

PR 204 A 2011/2515-2

Avda. de Asturias, Urb. Don Pelayo n.º 7, 1.º D

La Caridad, El Franco, Asturias

Denegatoria