Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37325

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3094/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3094/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 387/2010, Xulgado do Social número 2 de Pontevedra.

Recorrentes: Eligio Aguiar Daparte, Carlos Corral García, José Antonio Fernández González, Jesús Fernández Núñez, Juan Carlos Fernández Núñez, Manuel Louzao Sánchez, Jorge Rodríguez Cambón, Julio Vilar Mariño.

Avogado: Juan Rafael Pazos Pesado.

Recorridos: Fogasa, Pumade, S.A., Industrias González, S.L., Aisladeza, S.L., Pazo de Transfontao, S.L., Auregon Proyectos Industriales, S.L., Ifinor, S.L., Admón. concursal Industrias González, S.L. (sres. Feijoo e Mosquera), Extracción y Transformación del Granito, S.L., Montenor, S.L.

Avogados: Verónica Lagares Tena, Susana Madero Morgade, José Javier Romano Egea, José Luis Feijoo Borrego.

Procuradoras: Begoña Millán Iribarren, Isabel Tedin Noya.

Casación en unificación de doutrina: 261/11 IP.

Parte recorrente: José Luis Feijoo Borrego e José Manuel Mostuera Santé, administradores concursais da mercantil Industrias González, S.L.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3094/2011 desta sección, seguido por instancia de Eligio Aguiar Daparte contra a empresa Fogasa, Pumade, S.A., Industrias González, S.L., Aisladeza, S.L., Pazo de Transfontao, S.L., Auregon Proyectos Industriales, S.L., Ifinor, S.L., Admón. Concursal Industrias González, S.L. (sres. Feijoo e Mosquera), Extracción y Transformación del Granito, S.L., Montenor, S.L., sobre resolución de contrato, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación do secretario xudicial Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Na Coruña o 22 de novembro de 2011.

José Luis Feijoo Borrego, letrado, e José Manuel Mosquera Santé, economista, en representación da entidade mercantil Industrias González, S.L., presentaron escrito de interposición, en tempo e forma, de recurso de casación para a unificación de doutrina contra a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Social número 1, que resolve o recurso de suplicación 3094/2011.

Acordo ter por preparado o recurso de casación para a unificación de doutrina e emprazo as partes para que comparezan persoalmente ou por medio de avogado ou representante ante a Sala Cuarta do Social do Tribunal Supremo no prazo de quince días hábiles, se tivesen o seu domicilio na península ou de vinte cando residan fóra dela, debendo presentar a parte recorrente ante a dita sala dentro dos vinte días seguintes á data en que se efectúe este emprazamento o escrito de interposición do recurso, de conformidade coa Lei de procedemento laboral.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Comuníquese ao xulgado do social de instancia que a resolución ditada por esta sala do social foi obxecto de recurso en casación para unificación da doutrina. Notifíquese esta resolución.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que deberá expresar a infracción que a xuízo do recorrente se cometeu na resolución impugnada debendo interpoñer o recurso no prazo de cinco días seguintes á súa notificación ante o/a secretario/a xudicial que dita a resolución, sen que se suspenda a executividade desta.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Montenor, S.L., con último domicilio en Santiago de Compostela.

A Coruña, 22 de novembro de 2011.

O secretario xudicial